Reunir a produción literaria de todo un ano nun só volume ten sentido se existe un fío condutor que nos guíe polos distintos libros que nel se mostran. Dende Agnus Dei até o A corda sobre o abismo seguiremos a evolución das relacións interpersoais e a memoria, a creación dos mitos e a súa importancia na construción das sociedades, así como o íntimo e a posverdade. Sostemos entre as mans un compendio das principais ideas que o autor foi deitando ao longo da súa traxectoria literaria e que, unha vez máis, se repiten como unha ladaíña nunca o suficientemente reivindicada. Recupéranse, tamén, neste volume, vellas influencias que inspiran e fundamentan o discurso. Quen se achegue a este conxunto de traballos poderá transitar, ao mesmo tempo, por moitas das obras anteriores que marcaron a creación de Alberte Momán.
Hinweis: Dieser Artikel kann nur an eine deutsche Lieferadresse ausgeliefert werden.
Hinweis: Dieser Artikel kann nur an eine deutsche Lieferadresse ausgeliefert werden.