16,99 €
inkl. MwSt.

Versandfertig in 6-10 Tagen
  • Broschiertes Buch

Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade, estudia a relación destes dous sabios da cultura galega, que ademais da amizade e da irmandade comparten moitas experiencias vitais no mundo da docencia, da cultura e da ciencia galegas. Os dous foron dous grandes e moi valorados catedráticos de instituto, cunha moi longa traxectoria docente. Os dous están moi relacionados cunha entidade galega de suma importancia para a cultura e a ciencia galegas o Seminario de Estudos Galegos. Os dous moi relacionados coa museística, sendo directores de Museo, Fraguas do…mehr

Produktbeschreibung
Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade, estudia a relación destes dous sabios da cultura galega, que ademais da amizade e da irmandade comparten moitas experiencias vitais no mundo da docencia, da cultura e da ciencia galegas. Os dous foron dous grandes e moi valorados catedráticos de instituto, cunha moi longa traxectoria docente. Os dous están moi relacionados cunha entidade galega de suma importancia para a cultura e a ciencia galegas o Seminario de Estudos Galegos. Os dous moi relacionados coa museística, sendo directores de Museo, Fraguas do Museo do Pobo Galego (1976) e Filgueira do Museo de Pontevedra (1940-1986), os dous relacionados coa política, militantes galeguistas na II República e partidarios do Estatuto de Autonomía de Galicia (1936). Xa no período democrático, os dous traballan no Consello da Cultura Galega xa como dous venerables e moi sabios velliños.
Autorenporträt
Germán Manuel Torres de Aboal, ¿Xermán Manuel Torres¿, nado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) en 1957, encamiña a súa carreira ao mundo da docencia, con máis de 37 anos de experiencia na función docente, actualmente é orientador do CEIP O Piñeiriño da súa cidade natal. Atópase preparando a súa tese de doutoramento sobre Historia da Educación.