72,95 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in 6-10 Tagen
payback
0 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

«This book offers an excellent gathering of research and perspectives, creating an innovative polyhedron to approach both the traditional and the new realities of the Galician stage. Indispensable not only for theatre scholars but also for research on any period of Galician literary history.» (Iolanda Ogando, University of Extremadura, Spain) «A volume that offers an overview of the most recent research on Galician theatre. In addition to including studies on dramatic literature and bringing to light unpublished texts, it presents works that review the dramatic historiography, that value the…mehr

Produktbeschreibung
«This book offers an excellent gathering of research and perspectives, creating an innovative polyhedron to approach both the traditional and the new realities of the Galician stage. Indispensable not only for theatre scholars but also for research on any period of Galician literary history.» (Iolanda Ogando, University of Extremadura, Spain) «A volume that offers an overview of the most recent research on Galician theatre. In addition to including studies on dramatic literature and bringing to light unpublished texts, it presents works that review the dramatic historiography, that value the philological criterion in the processes of production or that make visible the work of women in theatrical creation.» (Eugénia Vasques, Lisbon¿s Film & Theatre School, Portugal) Nas últimas décadas, a produción teatral galega diversificouse de modo notábel relativamente ás propostas, temáticas e estéticas presentadas ao público, ben como no que atinxe aos modelos de xestión das unidades de produción. Ao mesmo tempo, os estudos globais do feito escénico ultrapasaron os límites tradicionais do paradigma filolóxico para proxectaren olladas máis escenocéntricas ou asentadas no cruzamento das dimensións literaria e espectacular. Nun marco como o descrito, este libro presenta un mosaico de perspectivas e analistas que, en conxunto, pretenden oferecer unha visión transversal e actualizada do teatro galego. Así, á recuperación de textos esquecidos de autores canonizados ou á necesaria revisión da historiografía dramática acrecéntanse capítulos sobre a edición, a tradución literaria e escénica, as relacións do teatro galego con outros xéneros e outros sistemas, a intervención das mulleres no campo escénico ou o grao de fidelidade ao criterio filolóxico nos procesos de produción espectacular.
Autorenporträt
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes é doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa e professor titular da Universidade da Coruña. Tamén realizou estudos escénicos e traballou no teatro e no audiovisual. Presentemente é membro da Academia Galega de Teatro e secretario da Revista Galega de Filoloxía . Integrado no Grupo de Investigación ILLA, na actualidade é investigador principal do proxecto de I+D+i 'Recuperación do Patrimonio Teatral de Galicia IV (1936-1973): Emigración, exilio e resistencia interior'. En 2016 obtivo o XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística ou Ensaio pola biografía do director do Conservatorio Nacional Galego das Irmandades da Fala ( Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas ) e desde 2017 dirixe a serie de teatro galego da Biblioteca- Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. Entre outros, é autor de Leandro Carré. Teatro recuperado (2011), Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego (2008) ou A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral (2007).