32,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
  • Broschiertes Buch

Henrique Rabuñal que une na súa biografía a condición de autor e investigador teatral realiza neste volume unha viaxe polos episodios máis sobresalientes do teatro galego contemporáneo deténdose nalgunhas das súas figuras emblemáticas: Lugrís Freire, Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas, Manuel María, Manuel Lourenzo, Francisco Pillado, Vidal Bolaño ou Xesús Pisón. O libro propón olladas panorámicas do teatro galego no seu conxunto, dese teatro no exilio e no seu tránsito desde as compañías independentes até as primeiras profesionais ou unha reflexión sobre a publicación, a temática urbana ou…mehr

Produktbeschreibung
Henrique Rabuñal que une na súa biografía a condición de autor e investigador teatral realiza neste volume unha viaxe polos episodios máis sobresalientes do teatro galego contemporáneo deténdose nalgunhas das súas figuras emblemáticas: Lugrís Freire, Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas, Manuel María, Manuel Lourenzo, Francisco Pillado, Vidal Bolaño ou Xesús Pisón. O libro propón olladas panorámicas do teatro galego no seu conxunto, dese teatro no exilio e no seu tránsito desde as compañías independentes até as primeiras profesionais ou unha reflexión sobre a publicación, a temática urbana ou amorosa. Pero tamén nos ofrece achegas en detalle á editorial Lar, ás pezas de Xosé Lois García ou Inma António e ao complexo universo hamletiano. Henrique Rabuñal descifra o vigoroso mapa dun teatro no que conflúen en clave galega os devezos e as tensións do ser humano actual e complementa así outros traballos seus consagrados a Feixó de Araúxo, Galo Salinas, Rafael Dieste, Blanco Amor ou Carvalho Calero.
Autorenporträt
(Arteixo, 1962) é doutor en Filoloxía e catedrático no IES ¿Agra do Orzán¿. É autor de Textos e contextos do teatro galego, A fariña das horas, A Coruña na historia, Manuel Murguia, J. Marinhas, O P. Sarmiento, Ollos negros, Palabra e patria, O cristal da sede, M. Lugrís, Álvarez Blázquez, Teatro incompleto e O teatro en Marinhas.