41,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
  • Broschiertes Buch

Este libro, ¿Guía dos castelos medievais de Galicia¿, escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego. Na presente guía propóñese un percorrido fotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de seren visitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aínda desaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosas…mehr

Produktbeschreibung
Este libro, ¿Guía dos castelos medievais de Galicia¿, escrito por Ramón Boga, responsable do Museo de Cambre, convida a visitar os castelos e torres de Galicia, un dos máis importantes patrimonios do país e símbolo do poder feudal, sendo a súa historia é reflexo acaído do medievo galego. Na presente guía propóñese un percorrido fotográfico-histórico por aquelas fortalezas medievais galegas das que aínda fican en pé restos significativos ou susceptibeis de seren visitados, facendo unha somera referencia a aquelas que, aínda desaparecidas, posúen importancia histórica, engadíndose numerosas referencias ás murallas das vilas medievais ou ás torres illadas. O presente volume ofrece información práctica que lle indica ao viaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse na fin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelos de cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruña propóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois e dende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dende o Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Na provincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, ...