Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou. Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente [.]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva ...
Hinweis: Dieser Artikel kann nur an eine deutsche Lieferadresse ausgeliefert werden.
Hinweis: Dieser Artikel kann nur an eine deutsche Lieferadresse ausgeliefert werden.