Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Este é o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente e inesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculca da verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios de comunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante co sufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno