24,99 €
inkl. MwSt.

Versandfertig in über 4 Wochen
  • Broschiertes Buch

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: ¿Cada xeración deberá fabricar a súa cidade¿ (Antonio Sant¿Elia) , ¿Permitín á cidade entrar na miña mente¿ (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro ¿Troianos Redivivos¿ (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte…mehr

Produktbeschreibung
Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: ¿Cada xeración deberá fabricar a súa cidade¿ (Antonio Sant¿Elia) , ¿Permitín á cidade entrar na miña mente¿ (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro ¿Troianos Redivivos¿ (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular ¿leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. No ventre do silencio ...