17,99 €
inkl. MwSt.

Versandfertig in über 4 Wochen
payback
9 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aínda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando…mehr

Produktbeschreibung
Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aínda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando algúns ao chegar a noite, cando se converten en lobas. Chegan por fin a Findasol, cidade á que acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Pero os habitantes de Tule non se afacían á cidade e instaláronse en chouzas no campo. Camiñando polo monte, Lazo atopou un día tres pedras, escoitou unha palabra tres veces e abríuselle unha cámara onde estaba unha vella vellísima: é a Custodiante do Segredo da Pedra Figueira, que contén a Sabedoría e todo o Ben. Proponlle que ela sexa a súa sucesora e viva alí illada custodiando a pedra e feliz coñecendo a Verdade. Pero ela prefire vivir a vida coas súas xentes. Aprendeu a labrar a terra e pescar e ás veces fica abstraída, porque sabe un segredo: o da Pedra Figueira. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía.
Hinweis: Dieser Artikel kann nur an eine deutsche Lieferadresse ausgeliefert werden.