39,95 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in 6-10 Tagen
payback
0 °P sammeln
  • Gebundenes Buch

Neste libro faise unha caracterización do verbo, xustifícanse as análises morfolóxicas do paradigma regular, dos verbos de irregularidade común e dos verbos de irregularidade propia na variedade galega do concello de Castrelo do Val (provincia de Ourense). O traballo baséase no galego oral dos falantes con pouca instrución escolar e emprega o camiño, propio da dialectoloxía tradicional, consistente en enquisas e gravacións. O galego é unha lingua fusionante con expresión fusionada das distintas categorías na mesma palabra. Deféndese que algúns verbos anómalos son atemáticos, descríbense con…mehr

Produktbeschreibung
Neste libro faise unha caracterización do verbo, xustifícanse as análises morfolóxicas do paradigma regular, dos verbos de irregularidade común e dos verbos de irregularidade propia na variedade galega do concello de Castrelo do Val (provincia de Ourense). O traballo baséase no galego oral dos falantes con pouca instrución escolar e emprega o camiño, propio da dialectoloxía tradicional, consistente en enquisas e gravacións. O galego é unha lingua fusionante con expresión fusionada das distintas categorías na mesma palabra. Deféndese que algúns verbos anómalos son atemáticos, descríbense con detalle e analízanse morfoloxicamente os verbos irregulares propiamente ditos, e tamén se explican moitos cambios lingüísticos que se están producindo no sistema verbal da fala estudada.
Autorenporträt
Aquilino Santiago Alonso Núñez é doutor en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular da Universidade de Vigo. Colaborou na elaboración de libros de texto de bacharelato e Educación Secundaria Obrigatoria, e publicou artigos e capítulos de libro de investigación relacionados coa fonética, a fonoloxía, a formación de palabras, os diminutivos, a morfoloxía flexiva, a etimoloxía, a xeografía lingüística, a dialectoloxía galega, os cambios lingüísticos no continuum galegoportugués e a narrativa galega do século XX.