Prácticamente despois da Segunda Guerra Mundial, sobre todo a partires dos anos 50 do século pasado, accedemos a unha nova civilización, a sociedade tecnolóxica, co comezo da Era espacial, que vai desprazando á anterior e decadente sociedade industrial. Porén, o crecemento incesante do capitalismo atenta gravemente contra a integridade ecolóxica do noso limitado planeta. Esta é a contradición principal do noso tempo. O acordo histórico da COP-28 de Dubái en 2023, sobre a transición cara o abandono dos combustíbeis fósiles, semella solucionar de xeito bastante convincente o problema decisivo do cambio climático. Mais non resolve toda a problemática da degradación ecolóxica.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, LR, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.