El primer loco: cuento extraño, é unha novela en lingua castelá da escritora galega Rosalía de Castro, asinada en Lestrove (Padrón) en febreiro de 1881, publicada orixinalmente pola Imprenta y Librería de Moya y Plaza de Madrid ese mesmo ano. O libro foi reeditado en facsímile en 2019 por Alvarellos Editora, con estudo introdutorio de María do Cebreiro e Germán Labrador. Dividida en catro capítulos, está ambientada no bosque do Banquete de Conxo. Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, HR, H, IRL, I, LT, L, LR, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.