No contexto da variada poesía galega contemporánea e do boom das escritoras no período posfranquista, Lupe Gómez ocupa unha posición destacada. Inicialmente controvertida por ser provocadora e refutar o canon estético, converteuse en autora de culto, que construíu desde Pornografía (autoeditado en 1995) unha obra anticulturalista, feminista, libertaria, mais tamén con matices surrealistas e existencialistas. Na súa estética innovadora aparecen liberdade, outredade, transición ou repetición como topoi fundamentais. Este volume reúne practicamente todas as análises da obra até o momento, unha entrevista coa autora, un glosario de conceptos centrais da súa escrita, xunto con catro traducións de dous poemarios (inglés, francés, portugués e alemán).
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, HR, H, IRL, I, LT, L, LR, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.