6,99 €
6,99 €
inkl. MwSt.
Sofort per Download lieferbar
payback
0 °P sammeln
6,99 €
6,99 €
inkl. MwSt.
Sofort per Download lieferbar

Alle Infos zum eBook verschenken
payback
0 °P sammeln
Als Download kaufen
6,99 €
inkl. MwSt.
Sofort per Download lieferbar
payback
0 °P sammeln
Jetzt verschenken
6,99 €
inkl. MwSt.
Sofort per Download lieferbar

Alle Infos zum eBook verschenken
payback
0 °P sammeln
  • Format: ePub

Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.

  • Geräte: eReader
  • ohne Kopierschutz
  • eBook Hilfe
  • Größe: 12.7MB
  • FamilySharing(5)
Produktbeschreibung
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.

Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, LR, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.

Autorenporträt
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compartindo desde sempre coa de escritora. Hai máis dunha década que é articulista no xornal «La Voz de Galicia» e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desde hai anos desenvolve o papel de «experta en letras» en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo», publicadas en 1997, e continuada por títulos como «O Papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druidas» (2014); «Rubicundo» (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais 2016); «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2015 e 2016, «Muriel» (Xerais 2017), Premio Merlín 2017, «Unha fábrica de bicos» (Xerais 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón, «As pombas de Bastián» (Xerais 2021), «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras». Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares. Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño. Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións. Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.